Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

14 octobre 2016

NON LEVAMOS PISTOLA ÁS XUNTANZAS FAMILIARES

NON LEVAMOS PISTOLA ÁS XUNTANZAS FAMILIARES
DE CANDO EN vez a miña nai reúne en Ribadeo o seus numerosos fillos e os seus contados netos ao seu redor. Gústalle La Botellería. Ela non presta atención á cociña moderna e resolutiva do restaurante —eu, si; aínda que ás veces me defrauden os seus experimentos—....
Publicité
Publicité
7 octobre 2016

NON LLE PEDÍN EXPLICACIÓNS

NON LLE PEDÍN EXPLICACIÓNS
CANDO UN AMIGO encadeou a celebración do seu 50ª aniversario coa demolición do seu matrimonio fixen un acto de amor: non lle pedín explicacións. Unicamente tratei de que desactivase a súa implosión marital antes de que non houbese nada que salvar entre...
3 octobre 2016

UN GUANTE PEQUENO PARA O. J. SIMPSON

UN GUANTE PEQUENO PARA O. J. SIMPSON
HAI NOITES NAS que Nemesio pon en silencio o fútbol televisado para encher o aire a café denso do Cantón cun aroma musical: Verdi, Wagner, Rossini,... o que lle pete para a timba operística. Gústame ir a esa cafetería ribadense pese a que o Times Literary...
24 septembre 2016

O CONDE E AS PERNAS DE MARLENE DIETRICH

O CONDE E AS PERNAS DE MARLENE DIETRICH
O CONDE Shascha Koowrat sabía que ía morrer en días, probablemente en horas. Soamente tiña 42 anos. Fóra —Viena, 1927— chovía. Mandou ao seu chófer que collese un dos coches que el mesmo fabricaba —o Austro Daimler Sascha co que gañara a Suba do RiederBerg...
17 septembre 2016

A NOITE NA QUE MIREI CUARTO MILENIO

A NOITE NA QUE MIREI CUARTO MILENIO
SI, ESTIVEN vendo Cuarto milenio, o programa televisivo de Iker Jiménez. Foi o domingo. Boto a culpa a que saíra canso de traballar, sen dúbida pesoume ao aire da noite, que estaba denso pola calor. Axudou a rabuñadura da soedade. Tampouco teño unha conciencia...
Publicité
Publicité
10 septembre 2016

O CAMIÓN DO LIXO CONTRA O DEMO

O CAMIÓN DO LIXO CONTRA O DEMO
O DOMINGO PASADO estiven mirando Melancholia. Na película de Lars Von Trier celébrase unha voda sofisticada ao tempo que un planeta, Melancholia, se achega para estrelarse contra a Terra. Os anfitrións saben que o mundo será destruído, que morrerán. A...
25 juillet 2016

A NECESIDADE DE CASAR PARA GOZAR O DIVORCIO

A NECESIDADE DE CASAR PARA GOZAR O DIVORCIO
O MES PASADO apareceu o terceiro coche más importante da historia do cinema, xunto co Aston Martin que conduce Sean Connery en Goldfinger e o Porsche 550 Spider no que James Dean evitou frear a tempo. Refírome ao Triumph Tr3 negro no que Marcello Mastroianni...
24 juillet 2016

SABER COMO EMPEZA O DÍA E COMO SIGUE

SABER COMO EMPEZA O DÍA E COMO SIGUE
CADA VEZ que visito Berlín síntome coma Franz Biberkopf. O protagonista de Berlin Alexanderplatz (1929), a novela de Alfred Döblin, sae do cárcere tras pasar catro anos de prisión por asasinato. Non me identifco con Franz porque é unha animalia que matou...
21 juillet 2016

O FLORECEMENTO DO AGUSTINISMO

O FLORECEMENTO DO AGUSTINISMO
O SÁBADO DA semana pasada estaba xantando cun amigo no Mangiarte, un italiano do mercado de abastos de Lugo. Leonardo Zordan concentra poderosos sabores en mesas contadas e pratos pequenos. O meu amigo pretende ser novelista en galego e anda despistado,...
16 juillet 2016

O SORRISO DO ASTRONAUTA

O SORRISO DO ASTRONAUTA
As noites da infancia de Agustín Fernández Paz transcorreron nunha casa de Vilalba na que se reunían os veciños para contárense historias. Os veciños falaban da vida na contorna, dos mercados e do frío invernal; pero o seu pai, que cabalgaba inesgotable...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 438
Publicité